Novas Xeracións
Novas Xeracións
Novas Xeracións
Novas Xeracións
Novas Xeracións
Novas Xeracións
Novas Xeracións
Novas Xeracións

SOMOS NNXX.
SOMOS MOCIDADE GALEGA.

Novas Xeracións de Galicia é unha organización xuvenil centro reformista con vocación galeguista que ten á mocidade como eixo da súa acción política dentro dos valores da liberdade, da tolerancia e da democracia. O seu ámbito de actuación é Galicia, existindo estruturas en todas as provincias e localidades da nosa comunidade.

Coa mocidade desde 1978

Para acadar o obxectivo de ser unha verdadeira leva do pensamento da mocidade, NN.XX. traballa
como unha organización dinámica e flexible, cunha estrutura moderna, que facilita a rápida comunicación entre as bases e os órganos de dirección, e, como consecuencia, unha simbiose perfecta entre a organización e a mocidade galega.

Neste momento crucial para a sociedade galega, a nosa organización non se pode quedar atrás, vendo pasar os cambios sociais e políticos, senón que debe participar neles como vangarda ideolóxica do Partido Popular de Galicia.



DIEGO GAGO

Presidente de Novas Xeracións

Dámosche a benvida ao noso portal web, onde poderás acceder ás canles que conforman a nosa organización político xuvenil, Novas Xeracións de Galicia.

Neste soporte dixital queremos poñer á túa disposición de forma sinxela e transparente que é aquilo que nos une a miles de mozos de distintas zonas de Galicia e que se desenvolve a través da defensa e reivindicación das ideas e propostas coas que se identifica a mocidade do século XXI.

Os tempos avanzan á vez que o fan as nosas expectativas, as nosas ilusións e a nosa forma de entender a política. Estar á vangarda desas necesidades, e ser quen de representalas, é o que nos move día a día.

Conformar a maior organización político xuvenil de Galicia supón para nós unha gran satisfacción, pero tamén un gran reto.

Tratar de representar a unha maioría de vós, é o denominador común de todo canto facemos.

Se vos gusta a política, se tedes ganas de contribuír dende dentro, aquí teredes sempre as portas abertas.

Adiante. Benvidos.