Os populares galegos recollerán a proposta de NNXX de desenvolver un plan de vivenda para mozos no seu programa electoral para as vindeiras eleccións municipais - Contáctanos en info@novasxeracions.com
Galego Castellano  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOTA DE PRENSA

 

OS POPULARES GALEGOS RECOLLERÁN A PROPOSTA DE NNXX DE DESENVOLVER UN PLAN DE VIVENDA PARA MOZOS NO SEU PROGRAMA ELECTORAL PARA AS VINDEIRAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS
28 de decembro de 2006

•O PPdeG recollerá no seu programa electoral para as vindeiras eleccións municipais a proposta que Novas Xeracións de elaborar un Plan de Vivenda para mozos impulsado, coas adaptacións necesarias en cada caso, desde as sete grandes cidades e as principais vilas de Galicia. Así o manifestou o Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo e, a Presidenta de Novas Xeracións, María Seoane, na rolda de prensa posterior ao primeiro Comité Executivo que celebrou Novas Xeracións trala elección da nova presidenta rexional.

PROGRAMAS NECESARIOS PARA OS XOVES
Ante a supresión, sen dar ningún tipo de alternativa a cambio, por parte da Xunta de todas as medidas de Vivenda destinadas aos xóvenes, como eran a Hipoteca Xove, que beneficiou a 7.000 xóvenes, ou a Bolsa de Aluguer, que beneficiou a outros 4.000, o PPdeG desenvolverá nas cidades que goberne unha política de vivenda que beneficie aos máis novos.

Para a elaboración do Plan Municipal de Vivenda para Mozos, o PPdeG tratará de involucrar nel á Xunta de Galicia, actualmente sen política de vivenda para a xuventude. O presidente do PPdeG afirmou a vontade do PPdeG de consensuar este Plan coa Xunta de Galicia, pero deixou claro que “coa axuda da Xunta ou sen ela, os concellos gobernados polo PPdeG darán unha opción real aos xóvenes de poder emanciparse”.

BOLSA DE ALUGUER E HIPOTECA XOVE
O borrador presentado por Novas Xeracións ao PPdeG inclúe medidas en materia de aluguer e compra de vivenda destinadas aos mozos. No borrador, a organización político xuvenil propón que os concellos adopten todas as medidas fiscais que estean na súa man para favorecer o acceso dos xóvenes á vivenda, e no referente a aquelas medidas que non estean na súa man, facer as xestións necesarias ante as administracións competentes.

Novas Xeracións propón reeditar a Bolsa de Aluguer eliminada pola Xunta, desde os gobernos municipais das cidades e principais vilas de Galicia; e como resposta á anulación da Hipoteca Xove por parte da Xunta, NNXX propón que os concellos concerten directamente convenios coas entidades financeiras para atenuar o esforzo inversor dos mozos á hora de adquirir o seu propio fogar.

A anulación da Hipoteca Xove produciu que os xóvenes non teñan dereito a ningún tipo de axuda para o acceso á vivenda libre, circunstancia que se agrava ó haber moitos concellos nos que non se construé vivenda social. Neste senso, NNXX suxire que a planificación urbanística dos concellos teña en conta a necesidade de facer accesible a vivenda aos mozos, ó ter máis baixo nivel adquisitivo.

INCREMENTO DO PREZO DA VIVENDA
Durante a rolda de prensa, Núñez Feijóo recordou que en xuño de 2005, cando o PPdeG deixou a Xunta, Galicia se atopaba entre as tres CC.AA. onde os mozos debían facer un menor esforzo para acceder á vivenda libre en propiedade, segundo un informe do Consejo de la Juventud de España.

Así mesmo, Galicia, que era a segunda CC.AA. cos prezos de Vivenda mási baratos tanto en vivenda libre como en vivenda protexida, situábase entre as tres CC.AA. onde menos crecía o prezo da vivenda, e agora se sitúa entre as tres CC.AA. onde este prezo crece máis.

 

 

 

Enlaces
In Memóriam