Manifesto do día das Letras Galegas - Contactanos en info@novasxeracions.com
Galego Castellano  
Participa na rede

 

 

 

 

 

 

NOTA DE PRENSA

 

MANIFESTO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
17 de maio de 2008

Un ano máis, Novas Xeracións de Galicia renova o seu compromiso fiel coa cultura galega. Cada 17 de maio a Comunidade celebra unha das festas máis importantes dos seus cidadáns, festa na honra da nosa lingua.

Os mozos do Partido Popular de Galicia celebramos esta data con cariño e orgullo, pero máis importante é que a vivimos día a día do ano, amosando o noso traballo para fomentar e ser testemuña desta herencia que os nosos antepasados nos deixaron.

A Cultura e a Língua Galega, non poden ser instrumento de politización, disputas e guerra, senón todo o contrario, debe ser unha realidade de unión, grandeza e compromiso co pobo galego.

Lembrar a todas as persoas que adicaron a sua vida á defensa do idioma, escritores e intelectuais que formaron parte da consevación de que o galego siga vivo, e dun xeito especial a Xosé María Álvarez Blázquez ó cal se recorda neste día das Letras Galegas.

 

 

 

 

 

 

Enlaces