Preparados...Listos...Xa. Eleccións 2008. Novas Xeracións celebra a súa convención rexional - Contactanos en info@novasxeracions.com
Galego Castellano  
Participa na rede

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOTA DE PRENSA

 

PREPARADOS...LISTOS...XA. ELECCIONS 2008. NOVAS XERACIÓNS CELEBRA A SÚA CONVENCIÓN REXIONAL
14 de setembro de 2007

Nota: Para efectuar o pago descargade a folla de inscripción ó final desta noticia, onde atoparedes instruccións para facelo efectivo. A conta corresponde ó Banco Santander Central Hispano.

A finalidade da Convención é a posta en marcha do curso político de Novas Xeracións onde o Comité Rexional da organización poida debater a situación política e facer propostas de cara ás vindeiras eleccións xerais do 2008.


A duración da Convención será de dous días –sábado 29 e domingo 30 de setembro- en A Guarda (Pontevedra). Casa da Cultura.


Nestas xornadas reuniránse os membros de Novas Xeracións e membros de diferentes asociacións xuvenís galegas para ofrecer a posibilidade de participar á xente moza dos seus propios problemas e sumar o máximo número posible de mozos ó proxecto popular de cara a liderar un futuro en Galicia cargado de ilusións cumpridas e aunar as voces discordantes da sociedade co Bigoberno, así como o desalento que lle supón á xuventude estar gobernada por Rodríguez Zapatero.


Novas Xeracións de Galicia aportará, unha vez rematadas as sesións de traballo, un documento ó Partido Popular de Galicia das medidas derivadas da Convención destinadas á xente moza.


Novas Xeración interésase polas políticas integrais de xuventude; así cremos que á mocidade impórtanlle as políticas que xeralmente non se lle atribúen por parte do Bipartito. O bigoberno en dous anos só se adicou a crear o centro “Quérote” e a cambiar os nomes dalgúns plans como Xuventude Galicia Net colocándolle unha Z.

É o momento de que o Partido Popular lle dé á xuventude a súa cuota merecida de participación na sociedade actual e que lidere a implicación dos xóvenes galegos en políticas que para a Xunta non son de incumbencia da mocidade.

Neste senso as propostas xeradas nas xornadas serán tidas en conta, e permitirán amosar que a xuventude galega pensa en algo máis que botellón e deporte, temas importantes, pero non os únicos no noso pensamento.

Desenvolvemento das Xornadas de Traballo na Convención de NNXX:


Sábado, 29 de setembro:


O primeiro día adicarase fundamentalmente á análise das inquedanzas e necesidades dos mozos e mozas galegas e á realización de propostas nos grupos de traballo formados por membros de Novas Xeracións e membros do tecido asociativo galego.


10.00 h: Recepción de asistentes.

11.00 h: Presentación das xornadas; intervencións para dar inicio ás xornadas de traballo e exposición dos temas a tratar. Asistencia do Partido Popular de Galicia.

11.30 h: Inicio das xornadas.

Análise da situación da mocidade en Galicia.

Propostas de políticas destinadas ó desenvolvemento das inquedanzas das mozas e mozos galegos.

Os grupos de traballo distribuiranse por áreas. Cada un dos grupos estará liderado por unha persoa do Partido Popular ou de Novas Xeracións e formado por membros de Novas Xeracións e de Asociacións galegas adicadas ás diferentes áreas.

O resultado da valoración e as propostas serán recollidas nun documento que se lle entregará ó Partido Popular de Galicia.

Os temas a tratar será os seguintes:

Política integral de xuventude, a reivindicación da Lei da Xuventude

Política de igualdade

Medio ambiente

Movemento asociativo europeo, español e galego

Educación

Galeguismo

Emprego

Vivenda

Seguridade vial e infraestructuras

Sanidade

14.00 h: Comida

16.00 h: Exposición de conclusións

18.30 h: Visita guiada polo pobo. Castelo de Santa Cruz, porto, paseo marítimo, monte de Santa Tecra.

22.00 h: Cea

24.00 h: Festa en discoteca

Domingo, 30 de setembro:


11.00 h: Inicio da segunda sesión coa exposición do tema: Realidade de Galicia e propostas de futuro a cargo de membros do Partido Popular de Galicia e de Novas Xeracións.

12.00 h: Percorrido dun pequeno tramo do Camiño de Santiago para a súa promoción

12.30 h: Clausura Convención Novas Xeracións, “Preparados… Listos… Xa!. Eleccións 2008”

14.30 h: Comida

16.30 h: Tempo de lecer, convivencia e deporte

18.30 h: Fin das xornadas

Inscripción

Para incripcións, a partir de agora, poñedevos en contacto con Fernando no 675-800-869

As plazas son limitadas. Admitiranse ós asistentes segundo orde de recepción das solicitudes. Se as solicitudes se queren cursar en grupos dende unha sede local ou provincial poñedevos en contacto coa organización no 675-800-869.

O prezo total da convención é de 50€, a facer mediante transferencia bancaria na conta que se vos facilitará cando tramitedes a inscripción. Este prezo incluirá: Comida do sábado, cea do sábado, hotel da noite do sábado ó domingo, almorzo do domingo e comida do domingo.

Os asistentes deberán traer roupa deportiva e roupa para o uso da piscina (de querer participar nas actividades do domingo á tarde)

 

Folla de inscripción

 

Enlaces
In Memóriam