VII Congreso Extraordinario de Novas Xeracións de Galicia - Contáctanos en info@novasxeracions.com
Galego Castellano  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VII CONGRESO DE NOVAS XERACIÓNS DE GALICIA

16 e 17 de decembro de 2006

NOVAS XERACIÓNS DE GALICIA ESCOLLE NOVA PRESIDENTA REXIONAL: MARÍA SEOANE ROMERO

 

Dous días de intenso traballo no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, catro ponencias, máis de cincocentos compromisarios e unha nova Presidenta Rexional, María Seoane. Así se podería resumir o VII congreso de Novas Xeracións de Galicia.

Todo un fin de semana no que se traballou a reo de cara a marcar as liñas mestras que debe desenvolver NNXX de Galicia durante os próximos 3 anos.

Pero o congreso comezou máis aló do 16 e 17 de decembro. Xa a partires do día 16 de novembro no que se convocaba comezou o traballo de mans do Comité Organizador do Congreso, encabezado por Beatriz Rodríguez. Durante os días que precederon á celebracion do mesmo traballaron para acadar o que a posteriori se convertiu nunha realidade: un congreso ameno, dinámico e participativo.

Tamén nestes días previos á celebración do congreso se elaboraron as catro ponencias que se haberían de debater o día 16 e aprobar o 17 de decembro, a saber: "Con acento galego", "Temos moito que decir", "Faite escoitar" e "Hai partido. As regras do xogo", cuxos respectivos relatores foron Antonio Basanta, Juan Fariña, Olegario Rodríguez e Juan Villar.

Foi este o congreso da participación. Proba delo o gran número de enmendas presentadas ás ponencias por parte de afiliados, todas elas debatidas na tarde do sábado nas catro comisións de traballo. Nesta xornada cabe destacar a presencia da Secretaria Nacional de Políticas Sociais e de Xuventude do PP, dona Ana Pastor, quen infundiu nos mozos e mozas da organización ánimos para seguir traballando por e para Galicia.

Xa na mañá do domingo 17, a xornada comezou ás 10:00 coa apertura da sesión plenaria do congreso, aprobándose a mesa do mesmo por unaminidade e quedando presidida polo presidente local de Novas Xeracións de Vigo, Angel Latas.

Logo da aprobación do regulamento do congreso e da presentación e aprobación das ponencias, procedeuse ó informe de xestión, a cargo do Secretario Xeral saínte, Gonzalo Trenor, o cal se aprobou tamén por unaminidade.

É de destacar as intervencións dos presidentes provinciais de Lugo (Antonio Basanta), Ourense (Ana Belén Vázquez), Pontevedra (Marta Rodríguez) e A Coruña (Gonzalo Mora). Todos coincidiron na importancia que tiña este proceso e na necesidade de permanecer unidos e traballar polas persoas.

Acto seguido presentouse a candidatura da única persoa que se chegou a presentar para encabezar a organización xuvenil: María Seoane Romero. O seu discurso, que se basou en tres palabras clave: renovación, traballo e equipo, foi moi ben acollido entre a totalidade dos compromisarios, feito que corroboraron os resultados nas votacións, onde María acadou o 98% dos votos dos máis de 500 compromisarios, saíndo así elixida prácticamente por unaminidade ela e o seu equipo directivo, no que caben destacar nomes coma os de Javier Dorado, Jorge Guerra ou Cristina Ares.

Chegouse así ó momento da clausura do congreso, e con él tamén o momento das despedidas e das benvidas.

Emotivo o discurso do presidente saínte, Diego Calvo, que quixo facer de todos os seus colaboradores os froitos da súa boa xestión.

Exhultante María Seoane, nova Presidenta, que coa forza dun furacán e arroupada por un sen fín de altos cargos do partido, entre os que destacaban Gerardo Fernández Albor, Alberto Nuñez Feijoo, Alfonso Rueda, Nacho Uriarte ou os presidentes provinciais do partido de Lugo, Ourense e Pontevedra, ratificou as suas promesas e fixo fincapé na importancia que todos teñen nesta organización, ademáis de recordarnos algunhas das non-políticas de xuventude que a Xunta está a levar a cabo, coma a cancelación da Hipoteca Xoven.

Claro o Secretario Xeral do partido en Galicia, Alfonso Rueda, que recordando a súa etapa á fronte de NNXX da provincia de Pontevedra pediu o esforzo de todos para que o PP de Galicia gañe as próximas eleccións, que é o que precisa este país.

Seguro Nacho Uriarte, presidente de Nuevas Generaciones de España, de que María se vai converter nun referente para os mozos e mozas de Galicia e de España.

Pero sen dúbida o momento máis emotivo veu coa intervención do presidente do PP de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo. Durante toda a xornada, os distintos oradores viñeron a resaltar a figura da Presidenta Fundadora de NNGG: Loyola de Palacio, pero foi nesta derradeira intervención do día onde se gardou un minuto de silencio na súa memoria, silencio que só rompeu a súa propia voz nunha das súas últimas intervencións, na homenaxe a D. Manuel Fraga en Galicia, e pola gran ovación que sen dúbida sempre se merecía.

En definitiva, resultou ser este un dos congresos máis emotivos que se lembran na historia de Novas Xeracións de Galicia, e coa esperanza que aporta a figura da nova Presidenta, María Seoane, e a do seu equipo, estamos seguros que co traballo de todos se contribuirá a acadar o que Galicia precisa, un goberno do Partido Popular, e non un desgoberno bipartito.

 

Enlaces