Novas Xeracións de Galicia organiza o seu II Concurso de Poesía e Relato Curto en Galego - Contactanos en info@novasxeracions.com
Galego Castellano  
Participa na rede

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONCURSO DE POESÍA E DE RELATO CURTO EN GALEGO

 

Novas Xeracións de Galicia sempre demostrou un profundo interese pola cultura. Isto puidose ver ó longo destes últimos anos non só co apoio amosado en diferentes actos culturais, senón tamén a través das ambiciosas propostas neste área que a nosa organización ten presentado nos diferentes procesos electorais.

Logo do grande éxito acadado co "I Concurso de Poesía en Galego", e co motivo da celebración do Día das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio, Novas Xeracións de Galicia quere ir un pouco mais alá no seu compromiso ca cultura galega. Dende o noso profundo sentido galeguista, queremos dar un pulo ós mozos e mozas galegos que senten inquedanzas no eido da composición poética. É por isto que Novas Xeracións de Galicia leva a cabo este xa "II CONCURSO DE POESÍA E RELATO CURTO EN GALEGO"

Animamos a todos os mozos e mozas a participar neste evento, de xeito que a nosa cultura, a de todos e todas, se aproveite do impulso que as vosas composicións lle van dar.

O Concurso de Poesía está dotado dun primeiro premio, consistente nun trofeo acreditativo mais unha cea para dous nun restaurante compostelán, e dun segundo premio, consistente nun trofeo acreditativo. Así mesmo tamén se fará entrega dun diploma acreditativo de finalistas ós 10 mellores traballos a xuizo do Xurado.

O Concurso de Relato Curto estará dotado dun primeiro premio, consistente nun trofeo acreditativo e dunha fin de semana para dous nun SPA, un segundo premio consitente nun trofeo acreditativo e dun MP3 e dun terceiro premio consistente nun trofeo acreditativo. Tamén se fará entrega dun diploma acreditativo de finalistas ós 10 mellores relatos a xuizo do Xurado.

As bases para poder participar atoparedelas a continuación.

Bases do "II CONCURSO DE POESÍA E RELATO CURTO EN GALEGO DE NOVAS XERACIÓNS DE GALICIA"

 

 

Enlaces