PENSAMENTO. NÓS, TI

MOCIDADE, PRESENTE E FUTURO DE GALICIA

Traballamos día a día na defensa dos intereses das mozas e mozos galegos. O noso reto constante é ser a simbiose perfecta entre a nosa organización e a xuventude. Esforzámonos na mellora das nosas condicións de vida en aras do progreso.

A NOSA ACTITUDE, MOSTRA DOS NOSOS VALORES

A base dos nosos valores atópase na defensa dos Dereitos Humanos. A liberdade de expresión como eixo central do sistema democrático no que vivimos. Respecto e tolerancia de todos aqueles que non comparten a nosa forma de pensar e ver o mundo.

GALICIA CON VOZ PROPIA

A vocación galeguista da nosa organización, punto inamovible da nosa denominación como Novas Xeracións. O noso galeguismo é cordial, integrador e cohesionador, orgulloso dos nosos sinais de identidade, da nosa cultura, da nosa lingua e da nosa realidade. Facer de Galicia unha comunidade social, cultural, económica e política propia que forma parte de España como proxecto común de todos.

UN PROXECTO POR E PARA AS PERSOAS

As persoas son a base da nosa acción política. Temos como un dos nosos grandes obxectivos o progreso social. Aspiramos a refrescar as formas de facer política como parte dunha cidadanía que demanda ter un papel protagonista no panorama político actual.

A MOCIDADE, PARTE ACTIVA DA POLÍTICA GALEGA

Estamos dispostos a traballar todo o que sexa necesario para que as mozas e mozos formen parte activamente da política galega. Enriquecemos coas nosas achegas o sistema político vixente e poñemos en valor o carácter de servizo público da política. Esta é unha forma de achegar a política a mocidade e de que volvan recuperar a confianza no sistema e na política.

AVANZAMOS NA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

Progresamos constantemente na procura dunha igualdade que permita que a nosa sociedade sexa máis xusta e equilibrada. A solidariedade como punto de partida, para que homes e mulleres acaden os mesmos obxectivos como garantía de progreso. Percibimos a igualdade como un ben común nun mundo en continuo cambio.

PARTICIPACIÓN, CLAVE DO ÉXITO

Somos unha organización sinxela e coherente cunha ampla participación dos nosos afiliados.
Acadamos desta maneira ser unha organización dinámica e flexible. Unha estrutura moderna que facilita a comunicación entra as bases e os órganos de dirección.

O TRABALLO, BASE DE ASCENSO NA NOSA SOCIEDADE

Cremos no traballo constante para acadar as nosas metas. A recompensa unida a ese esforzo que nos permita acadar os nosos obxectivos. Defendemos deste xeito o recoñecemento daquelas persoas que se gañan o seu éxito por méritos propios.